Hoxe redactamos en galego por tratarse dun grupo de Galicia.
'Aquelarre' é un grupo metal vigués formado en Febreiro de 2007 por Karla e Cristo (Voz e Guitarra respectivamente), quenes habíanse quedado sen grupo e querían fundar un novo. Como primeira batería, chegou Ángela, quen non botou moito tempo co grupo. Pouco despóis de Ángela, chegaron Viyu (Guitarra) e Raquel (Teclados) con seus respectivos instrumentos. Aos poucos meses uníuselles Carlos (Tono) no papel de baxista do grupo. Agora tiñan completada a formación do grupo, pero é cando Ángela o abandona. Nese momento aparece bruno ocupando o posto de batería, quedando a seguinte formación:
Karla - Voz; Crito (Cristobo) - Guitarra; Viyu (Adrián) - Guitarra; Raquel - Teclados; Tono (Carlos) - Bajo eléctrico; Bruno - Batería.
Dende entonces, dedicáronse a tocar Metal en locáis de Vigo e A Guarda. As súas cancións van dende versións de diferentes grupos, como, por exemplo, "Al otro lado del silencio", balada de 'Ángeles del Infierno', ata temas propios como poden ser "Heridas de Traición" ou "Tierra de Lágrimas".
Unha mostra da nova xuventude musical da nosa cidade, onde este tipo de grupos cada vez aumenta máis o seu número.
Para máis información:www.myspace.com/aquelarremusic
~ Chorbo ~